A Blogosfera no CMG

6 de abril de 2007

Veño de facer a substitución do amigo Pedro Silva, moi demandado ultimamente (en 15 dias tiña 8 actuacións, agora só 7 -) ), para explicar como facer unha bitácora ou blogue ou blog en Blogaliza.

O evento aconteceu no CMG e contou tamén coa participación do Paco e Berto Yáñez (máis coñecido por Chuza!).

Con esta xa vai a miña segunda intervención nisto que dase a chamar coma Web-2.0 e, con certeza, gústame moito.

Advertising:
LOTRO videos: lord of the rings online players experience
Reconsolidation Loans: Exclusive Facts and Hints

Publicado na categoría Sen clasificar | Enriba | Comments Off

Manta Personalizada Del Bebé

2 de abril de 2007

¿los regalos Ultra-personalizados que se pueden pedir en cuestión de minutos… no tienen ninguna pista qué puede ser que sea?

Compruebe esto hacia fuera: Personalized Baby Blankets

Publicado na categoría Sen clasificar | Enriba | Comments Off

Pacto polas infraestruturas

25 de abril de 2006

O Presidente vén de anunciar a construción da autoestrada libre de portaxe entre Carballo e Cee -denominadas na terminoloxía autonómica “autovía” e “peaxe” no que é unha perfecta castelanización do noso idioma, e por iso detestábel-.

Para seguir coa anotación, que o astuto leitor xa advertiu é unha crítica, o principio das obras anúnciase para antes de dous anos. É evidente que comeza aquí o coñecido rosario composto de idea, orzamento, anteproxecto, proxecto, estudo, expropiacións, concurso, adxudicación, licitación, primeira pedra, inauguración… Como se adoita facer por estas terras, o proceso non segue necesariamente esta orde, e mesmo alguns dos pasos poden darse en repetidas ocasións, todo iso inzado de numerosas notas de prensa, titulares, avisos, informes, dossiers, publirreportaxes, especiais… Preparémonos para rezar. Durante dous anos máis outros dous contando que o tempo axude.

Emilio Pérez Touriño disque é o responsábel e o culpábel, segundo as fontes, de que tivéramos autoestradas de “penetración en Galicia” -aquí denominadas eufemísticamente de “conexión coa Meseta”-, cando as tivemos e como as temos. Daquela era Secretario Xeral de Infraestruturas con Borrell alá por Madrid. Tamén é, por tanto, responsábe ou cupábel de que entón os camiños de ferro fosen relevados a último lugar na estratexia de infraestruturas de transporte do goberno de Felipe González.

Hoxe os galegos podemos ir durante 500 Km até Adanero sen topar con portaxe ningunha. Até hai nada víamonos na obriga de cotizar para ir dun extrarradio das nosas principais cidades ao centro -aínda se paga na Barcala e no Morrazo?-. Tamén nos vemos forzados a desembolsar perto de 15€ por percorrer a zona máis populosa e dinámica da Nación: o eixo atlántico ao longo da AP-9. Máis bile verten os utentes da autoestrada Santiago de Compostela-Lalín. Por outra banda, se mudamos a perspectiva, darémonos conta de que os galegos tamén axudamos a financiar cos nosos impostos a chegada á praia de milleiros e milleiros de capitalinos sen portaxes de por medio.

Curioso deseño este, o da nosa mal chamada “rede de estradas” e o das portaxes. Perfectamente definida para emigrarmos sen barreiras, e con pexas de primeira magnitude pra irmos namorar á moza ou promover un crecemento económico endóxeno. É isto unha rede? É intelixente? Decidimos os nós da rede con quen e como nos relacionamos?

O Presidente Touriño retira as portaxes de Rande e da Barcala. Ben, sempre deberon estar así, até Pontevedra mesmo, no caso sureño. Mais iso non é outra cousa diferente que emendar un erro precedente, alleo a el neste caso, con prestacións económicas do Estado -dos cidadáns- para a concesionaria. Hai uns anos AUDASA viu ampliada a súa concesión sobre a AP-9 durante 25 anos máis por deixar sen portaxe o treito Fene-Ferrol.

Agora se anuncia que o treito Carballo-Cee vai estar libre de portaxe, mais iso non cadra ben coa manutención da portaxe nos treitos Carballo-Arteixo. A un ocórreselle que o máis xusto socialmente sería equilibrar a carga entre unhas e outras autoestradas, entre vellos e novos treiros, entre territorios e zonas do noso País de xeito que houbera unha política de verdadeira solidariedade interterritorial, definindo tarifas progresivas e mesmo variadas en función do día da semana, negociando entre as diferentes empresas concesionarias os dereitos que agora mesmo lles pertencen.

Tamén resulta chocante a portaxe no treito Arteixo-A Coruña; este último recebe o tránsito procedente da autoestrada A-6 a/de Madrid. É que ninguén se dá conta de que o deseño das conexións entre autoestradas con e sen portaxe, as ligazóns, as antecedencias, os puntos de intersección e as saídas e entradas, están pensadas só para dar negocio ás empresas concesionarias?

Pero o importante non é procurar culpábeis, é sermos conscientes de que as decisións sobre infraestruturas producen efectos contraproducentes durante moitísimo tempo despois de seren tomadas. Mal campo de xogo para a “clase” política.

Tamén debemos educarnos todos en fuxir dos localismos e colocar acima da mesa o verdadeiro debate sobre as infraestruturas galegas. Pensemos, debatamos e acordemos onde e como queremos portaxes -xa non entra un a debatir se son ou non necesarias, ou até onde e durante canto tempo, aspectos ambos tamén sumamente interesantes-.

Redefinamos o mapa de estradas galego conforme os nosos propios intereses e non a outros que un xa non sabe se son os de fóra, os de algúns ou os de moitos. Mais non os nosos.

Propóñolle un Pacto polas Infraestrutras, Sr. Touriño. Ou prefire que llo propoñan os Srs. Quintana e Feixoo?

E xa de paso, metamos na cesta os camiños de ferro.

P.D.: Ao final parece que a nova vía Carballo-Cee nin autoestrada vai ser.

Publicado na categoría Infraestruturas | Enriba | Comments Off